“Lo que hace falta es orden y mano dura”. Debemos esta declaración de principios ao Baltar Sénior, pero ben podía estar firmada por un militar golpista do estilo de Franco, Videla ou Pinochet.
O mestre Berlanga faleceu pero a súa obra segue de rabiosa actualidade. O (cada vez máis) excelentísimo concello de Boiro vén de facerlle unha homenaxe nestes días de Nadal presentando un acordo de colaboración coa Universidade de Arizona para radiografiar Neixón o verán que vén.
Os cincuenta anos da publicación de Memorias dun neno labrego do galaicocubano Neira Vilas deu pé a toda unha manchea de cavilacións sobre a trascendencia e trasfondo deste libro.
Tradicionalmente, nas terras orientais de Lemos, os únicos cogomelos recoñecidos pola xente labrega eran os exemplares da “Lepiota procera” que alí chamamos de sempre “zarrotas” e que polo val de Quiroga alcuman “choupíns”.
O arqueólogo e prehistoriador uruguaio José Luis López Mazz “Pepino” presentou onte en Compostela o documental de Virginia Martínez “Las manos en la tierra” onde se amosa o traballo arqueolóxico desenvolto nos últimos catro anos en cuarteis militares co gallo de atopar restos de desaparecidos durante a ditadura militar (1973-1985).