Refírome ao Concello de Mondariz-Balneario que se constituíu en 1924 e do que foi concelleiro o poeta Ramón Cabanillas. Unha entidade territorial que pola súa historia, ubicación xeográfica, patrimonio arquitectónico, tradicional e monumental, ben puidera ter un tratamento xurídico especial acolléndose á Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español que no seu artigo 15.5 declara Sitio Histórico a “aquel lugar ou paraxe natural vencellado a acontecementos ou lebranzas do pasado, as tradicións populares, creacións culturais ou da natureza e á obra do home, que posúan valor histórico, etnolóxico, paleontolóxico ou antropolóxico”. O teor literal deste precepto foi incorporado á Lei 8/1995,do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia.