Artigos de Manuel H. Iglesias

Nada novo á vista

Cando a rutina entra nas nosas vidas o aburrimento campa as súas anchas. O calendario marca as datas, as festas e as celebracións e cae sobre nós como algo asumido que repite inexorablemente. Nada se espera nin nada hai que chame a atención. Polo que, presos dese ir tirando, pasa e pasa o tempo e todo vai esmorecendo de xeración en xeración.

De novo Rajoy presidente

Pois nada que o criterio electoral, ou sexa o dos votos, impúxose deixando tirado o criterio ético que debía reinar na política. A maioría electoral dunha parte, que non a parlamentaria, volveu darlle a investidura a Rajoy. Sí, ise señor amoucado que sen facer ren, ve como os seus contrincantes van caíndo como se foran as follas mortas no outono.

Trobadores do noso tempo

A música e a poesía sempre tiveron un importante nexo de unión. Poderíase dicir que camiñan xuntas pois, dentro dos diversos estilos, sempre compartiron mensaxe e ritmo. Con todo, a partires de mediados dos sesenta do século pasado, xa no solpor da ditadura franquista, en todo o estado apareceron os chamados cantautores que poñían de moda a canción protesta; era este un movemento musical que xa existía noutros lugares do planeta e que afincábase en España aportando un novo estilo que rachaba coa canción folclórica existente.

Nin branco, nin negro

Cando expresamos nos faladoiros as posicións sociais e mesmo políticas sobre asuntos que nos atinxen, amosamos unha retórica plenamente antagónica. E na vida mesma e na política, que ven a ser unha expresión colectiva dunha sociedade, non todo e branco ou negro, non. Existen cantidades de cores e matices distintos que nos obrigan a modelar e madurar a nosa posición.

Máis do mesmo

Despois de escoitar a voz dos galegos expresada en votos, chega o momento da dixestión e análise dos resultados. E todo parece que tal dixestión será un tanto pesada para os partidos da oposición que pretendían ser o recambio do PP de Nuñez Feijoo.

Entre merengues e cumbias

A piques de rematar o verán e celebrar que o mellor apagador de lumes do mundo mundial, a choiva, viñera a poñerlle fin a tantos incendios que arrasaron milleiros de hectáreas; e cando non remataron moitas festas populares e tradicionais, entramos de cheo na campaña electoral das eleccións galegas. Campaña que, segundo parece, volve caendo no erro de sempre, pois esquecemos sacar á luz as promesas incumpridas para fixarnos soamente en novas promesas que, na maioría dos casos, soamente son fume electoral.

Estamos en tempo morto

Pasado agosto, o mes máis estival do ano, e tamén o debate de investidura, entramos politicamente falando nun tempo de espera: entramos en tempo morto. Pois polo menos ate o 25 de setembro no que falarán os galegos e vascos, E todo o referido á investidura do goberno quedará publicamente paralizado.

En clave de sol

O 25 de xullo os diversos grupos nacionalistas e galeguistas levan todos unha partitura en clave galega. Galicia e o centro de todas as mensaxes e reivindicacións, pois todos pretenden sacala do marasmo no que vive por mor das políticas que fai o partido conservador. Pero, a mentada partitura, que esta na mesma clave, á hora de interpretala cada grupo sona disonante e mesmo desafinada. E esa realidade dá moito que pensar. Ou, si o prefiren, debera ser motivo dunha fonda reflexión.