Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 05/10/2016
Por iso na vida política nin todo é branco nin todo é negro; nin todo e como o pintan uns e como o denuncian os contrarios.
Os acontecementos vividos dende as primeiras eleccións e os últimos feitos que levaron a crise ós socialdemócratas e por extensión a toda a esquerda, lévanme a seguinte reflexión.
A primeira cuestión é que ate hai case un ano os dous grandes partidos estaban acostumados a alternarse no poder baixo o xogo das maiorías absolutas e iso rematou. A segunda é que en política non se pode dicir non é non. Entendo que a gran parte da militancia cansa de tanta corruptela e abuso maiormente da dereita; cansa de tanta mentira incluso cansa dun presidente de goberno que mentiu e minte se vexa superada e diga non. Pero, sendo lóxica a petición do non, todos sabemos que de non buscar acordos coa dereita non se poden afrontar os grandes problemas do Estado. Pois para modificar a carta magna é preciso unha maioría polo menos de dous terzos. Con todo o dito, a chegada doutras forzar políticas ó taboleiro, no canto de mellorar a situación trouxo unha lea e disputa por ver quen é o dono da oposición e iso afondou a crise da esquerda. A pretendida nova política, cando debía nas primeiras eleccións absterse preferiu o voto en contra, e foi aquela unha grande oportunidade perdida que abría a posibilidade de obrigar a negociar ós populares nunha posición de máis debilidade que a actual, e que situaba á dereita na obriga de modificar os seus obxectivos e tamén os líderes. Máis a gran soberbia de Podemos preferiu ir a unhas segundas eleccións. E o resultado aumentou a presencia no Congreso dos populares, co que para toda a esquerda, no caso de que haxa terceiras eleccións, pinta moi mal. Que o PP está enlamado ata as orellas, pois sí. Pero ten os votos de milleiros de cidadáns que fixeron caso omiso ás denuncias de corrupción que hoxe se dirimen no primeiro xuízo da Gurtel. Así veremos a un Rajoy, que sen mover un dedo, reforza a súa posición e pecha a porta de reformas tan necesarias como a laboral, a educativa e mesmo a da constitución.
Conclusión: cando se chega á escena política desprezando todo o anterior, subíndose ó carro do mesianismo e fuxindo do sentido común sempre sae gañando a dereita. Vivimos tempos incertos na política do Estado. E todo por non entender que somos unha sociedade diversa e plural e que todas partes son necesarias para avantar nas leis básicas que a día de hoxe son tan necesarias. Pois na nosa sociedade nin todo e branco nin todo e mouro. Existen cantidade de tons intermedios que hai que manexar polo ben do común.
A simpleza da análise que moitas veces se fai na rúa ou no bar, non é reflexiva e non ten todos os datos que precisa para se ecuánime, pois está guiada polo impulso e polo cabreo.
Preparémonos pois, de non mudar os acontecementos, na leas dos socialdemócratas non gañou unha muller nin perdeu un secretario xeral; non venceu un señor nin unha corrente, non: perdemos todos e gañou Rajoy. En fin: de pena.