Artigos de Carlos Vázquez Padín

Tui na rede de xudarías de España

Breve crónica de como logramos que Tui fóra admitido nesta selecta rede formada por vinteduas das cidades españolas con maior importancia patrimonial.

Privaticen Balaídos

Todos os grandes clubes españóis e a maior parte dos europeos teñen estadios en propiedade, forma parte da fortaleza da institución, dos activos, dalle solidez e prestixio ao clube do que se trate e permitelle medrar, na Europa actual a fortaleza dos clubes deportivos, moi particularmente dos clubes de futbol marca a importancia da cidade, ter un estadio municipal é sintoma de fraqueza, ninguén imaxina ao Real Madrid, ao FC Barcelona, ao Atlético de Madrid, o Valencia, o Sevilla ou ao Athletic de Bilbao xogando nun estadio municipal.

Os marxistas e a súa privatización das "causas xustas"

Hai uns días publiquei no meu facebook o seguinte comentario sobre o escrache ao que se viron sometidos os representantes de Ciudadanos no desfile do día do orgullo LGTBI que finalmente se viron obrigados a abandonar:

As virtudes da secesión

O divorcio político ou secesión, cuxa adopción sen trabas, suporia un mecanismo que contribuiría a unha orde internacional espontanea, máis pacífica, próspera e libre. Os liberais, ao contrario que estatistas ou socialistas, acreditamos que a unidade de soberanía é o individuo e portanto o individuo debe poder escoller con absoluta liberdade a forma na que se quere asociar políticamente, calquera grupo humano, con vontade de facelo, debe poder expresar plebiscitariamente a sua intención de se autoorganizar politicamente.

Debemos?

O excelente e, para propios e extraños, sorprendente resultado de Podemos nas recentes eleccións europeas está a levantar poeira, as eleccións europeas trasladaron, por primeira vez de forma tan manifesta, o fondo descontente de amplas camadas da poboación, coa situación económica e política xerada ou manifestada como consecuencia da crise que comezou no xa lonxano 2008.

Angrois, a estratexia manipuladora do Estado

O Estado ten unha enorme habilidade propagandística, sabe como dirixir a axenda informativa para minimizar os custos políticos distraendo a atención daqueles elementos que levarian a exixirlles responsabilidades.

Requiem polas caixas?

Nestes dias nos que semella que a presenza do Estado español através do FROB como detentador da maioria dos dereitos de propiedade de Nova Galicia Banco se achegan ao seu fin, acho que compre profundizar e sistematizar unha serie de ideas que teño expresado en intervencións miñas na tertulia televisiva ViaV á que teño o pracer de ser convidado.

#soberaniagz

Hai uns días asistín na facultade de Ciencias Políticas a unha palestra organizada polos Comites, para que non estea familiarizado coa vida estudantil, os Comités son o sindicato afin ao BNG, especialmente ao partido marxista-leninista que controla o BNG, a UPG.