Artigos de Emilio Martinez

Polo dagora todo vai ben, polo dagora todo vai ben...

Durante os días seguintes á noite eleitoral do 22 de maio non fun capaz de tirar da cabeza, ao escoitar as declaracións da corrente maioritaria do BNG, o comenzo da película de Mathieu Kassovitz, “O Odio”, rodada en 1995.

Despedindo a un compañeiro

O pasado 4 de febreiro faleceu en Madrid Miguel Munín. Este nome, hoxe en día, non dirá moito, non dirá nada, aos que dirixen as organización estudiantis universitaria, e tal vez deberán coñecer o que a Miguel lle deben.

Cinco anos e algúns máis

Fai algúns anos, cando cheguei a estudar a Santiago de Compostela, o restaurante chino da rúa Romero Donallo, que aínda existe, era o mais exótico da cidade. No cuarto de século que ten transcorrido os negocios rexentados por asiáticos, maioritariamente chinos, teñen deixado de ser motivo da mais mínima sorpresa para convertrrse no habitual nas nosas rúas, tan habitual como as cadeas de roupa, as franquicias de todo tipo…

Cabalgando sobre o lombo dun animal salvaxe

Das múltiples feitos que se poden comentar das pasadas eleicións autonómicas catalanas hai un sobre o que son incapaz de deixar de pensar.

Programa 331 A

Fai pouco mais dunha semana, cando enviei a última colaboración a Galicia Confidencial, prometinme que as próximas serían sobre temas sen relación directa coa cooperación internacional ao desenvolvemento, as ONGD ou os movementos sociais. Desde logo no panorama político, social ou económico, tanto galego como español hai temas xugosos que comentar.

Pasos a prol da solidariedade

Durante estes días, entre o 11 e o 16 de outubro, varias ducias de voluntarios e voluntarias de ONGD galegas farán algo máis dun cento de quilómetros do Camiño de Santiago, dende Sarria a Compostela.

Unha resposta a Nazanín Amirian

Nazanín Amirain, columnista do xornal Público adicou, fai unhas semanas, o seu artigo ás ONGD, “Onges: mercaderes de la caridad”. Unha vez leído o título xa sabíamos o que podíamos agardar nas liñas que o seguían.

Das homenaxes aos feitos

Fai uns dias, o 8 de setembro, celebrouse o Día do Cooperante. Celebración ainda con corta vida, instaurouse coa aprobación do Estatuto do Cooperante, en 2006, que ten por obxecto homenaxear o traballo que nos países en vías desenvolvemento realizan, en ONGD, en organismos internacionais…
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.