As tendas de “chinos” igual que cadeas como Zara, Benetton, H&M ou outra calquera teñen dado lugar a estudos nos que a súa forma de actuar é investigada e explicada. O modelo “chino” de comercialización tal vez non sexa o modelo mais lucido, pero sen dúbida é o mais exitoso, si o medimos en rendabilidade do investimento, o ciclo de rotación, a xestión da cadea loxística…
As tendas de produtos de orixe chino son un exemplo mais, visible e cotidian, dos grandes cambios que se veñen producindo na xeografía industrial mundial.
A caída das barreiras aduaneiras, as reducións dos custos de transporte e o enorme diferencial entre os custos da man de obra en China e calquera país desenvolto, ou incluso en vías de desenvolvemento, así como o apoio público ao conglomerado industrial do xigante asiático, que comprende tanto as políticas represivas como o control sobre o tipo de cambio, son os alicerces da expansión económica deste país. Ás ferramentas xa tradicionais da competitividade china últimos anos súmase una aposta decidida pola innovación tecnolóxica na súa produción coa creación de centros de I+D+i de primeiro nivel e as políticas de promoción do retorno dos milleiros de investigadores chinos en EEUU. É a tradicional falta de escrúpulos en canto ao respecto á propiedade industrial e intelectual, que o aparato estatal tampouco semella moi interesado en facer respectar, apesares da sinatura dos acordos internacionais ao respecto.
Uns poucos datos económicos: hoxe en día España importa produtos chinos por valor de mais de 20 mil millóns de euros (2008), o que supón que en apenas oito anos téñense multiplicado as importacións deste país por catro. Hoxe en día China é o terceiro país en orixe da importacións que realiza España ao ter superado entre 2009 e 2010 a Italia. En 2101 só de Francia e Alemaña importamos máis. O déficit comercial co país asiático supera os 18 mil millóns de euros, so superado polo déficit histórico das nosas relacións económicas con Alemaña, cun desfase de mais de 19,5 mil millóns, aínda que en parte compensado polos importantes gastos, mais de 9 mil millóns de euros anuais, realizados polos turistas xermanos, só menores que os realizados polos turistas procedentes do Reino Unido.
España tense especializado, históricamente, nun sector industrial de baixa intensidade tecnolóxica, sustentando a súa competitividade en baixos salarios, en comparación co seu entorno europeo: téxtil, calzado, industria de bens de consumo, industria plástica… Sectores todos eles que a competencia china, e dalgúns países do antigo leste de Europa e outros emerxentes, teñen borrado, literalmente, do mapa industrial ibérico en apenas unha década e media.
Non foi este un proceso que acontecerá da noite para a mañá. O devir da economía mundial, os cambios estruturais, prodúcense a base de evolucións lentas, os cambios “revolucionarios” son poucos a pesar da espectacularidade dos que acontencen (a crise financeira internacional actual ou a caída do bloque soviético a finais dos 80).
A evolución da economía china era previsible fai non poucos anos… Un tempo durante o cal os sucesivos gobernos españois fixeron básicamente… nada. E a evolución no futuro da economía china sigue a ser previsible, cando menos nos seus grandes rasgos. E semella que una vez mais os gobernos españois van facer básicamente… nada.
Si algo caracteriza a política industrial española, e á da inmensa maioría das comunidades autónomas, é a incapacidade que teñen mostrado para deseñar e desenvolver unha política de promoción industrial que merecerá tal nome. O acumulo de iniciativas tense singularizado pola súa falta de continuidade, o corta e pega de políticas exitosas noutros contextos (agora clusters, mañá centros tecnolóxicos, pouco despois parques industriais a esgalla…), a insuficiencia dos recursos económicos, os xestos teatreiros, a incomprensión da realidade internacional, os rezos a gurus económicos de medio pelo… deron lugar a un inxente despilfarro de fondos e promoveu poucos cambios sostibles.
Entre o ano 2001 e o ano 2008 o déficit comercial español pasou de 43 mil millóns de euros á friaxe de 94 mil millóns. Durante as últimas décadas estas catastróficas cifras estruturais da nosa base industrial e económica téñense maquillado grazas á burbulla inmobiliaria na que tan cómodamente nos instalamos. Durante dúas longas décadas o investimento en ladrillo para vivenda forrou de ouro a quenes entraron no negocio, as licenzas convertíronse no mana do ceo para non poucos concellos, os bancos e caixas de aforro participaban case cos ollos pechos en calquera proxecto que se presentara, as cifras de emprego subiron en base a unha demanda de man de obra semicualificada… A expectativa de beneficios foi tan tremenda que non poucas empresas viron no sector da construción, na promoción inmobiliaria, a forma de facer cartos de xeito fácil, sen apenas risco, e con niveis de rendabilidade nunca vistos. A construción foi a nosa patria febre do ouro. Deste xeito moitos dos recursos que no seu momento deberían terse investido en innovación, mellora da infraestrutura tecnolóxica, apertura de novos mercados convertéronse en oferta residencial no mercado de segundas vivendas, barrios de adosados nas cidades e vilas, centros comerciais eiquí e acola… O ladrillo fixo ricos a moitos, creou moitos empregos con data de caducidade e empobreceu as expectativas de futuro, a medio e longo prazo, deste país que nunca foi rico.
Paseando por calquera zona de nova construción ou vila costeira veremos ducias de carteis de “Se vende”, e centos de vivendas pechadas á procura dun comprador. O que estamos vendo son os milleiros de postos de traballo que se teñen perdido pola falta dunha visión estratéxica dun país.
Hoxe, como onte, é necesaria unha política industrial que mire de fronte ao fututo e que non deposite nunha especie de “Deus proveerá” as nosas esperanzas dun futuro mellor. Hai exemplos de éxito, mesmo perto: País Vasco é un, lugar onde o goberno do PSE non modificou apenas nada do feito polo PNV nas décadas precedentes. Unha boa parte da política industrial e de innovación do PSdG-BNG na Xunta de Galicia é mais que boa. Magoa que a torpeza dos nosos hoxe gobernantes, que sustituen a falta de ideas e proxectos, por políticas cortas de miras vaia botar ao garete o feito.
As políticas industriais, as políticas tecnolóxicas, non se improvisan dun día para o outro, non poden pensarse en rentabilidades instantáneas, sexan económicas ou sexan electorais. As políticas estratéxicas non poden cambiarse cada catro anos, ou cando cambia un conselleiro ou un ministro. Precisan dun pacto cun alto grado de consenso: político, empresarial, sindical, consenso social. Unha política industrial debe fuxir de modas e aspaventos, de atallos, pócimas máxicas ou encantadores de serpes.
Si errramos estemos seguros que a próxima xeración de galegos e galegas, e as seguintes, vivirán peor que o que hoxe o facemos. Ao fin e ao cabo China non está parada, e tampoco Brasil, nen a India, e sen presas pero sen pausa, os seus productos de exportación van subindo peldaños en canto a innovación, deseño, nivel tecnolóxico… A eles non os podemos parar. Teremos nos que comenzar a correr.