Artigos de Emilio Martinez

De Ribeira a Orihuela

O sábado é o día de mercado en Ribeira. A vila convértese nun bule-bule de xente que ven dende as distintas parroquias: un ir e vir na praza do peixe, a xente entre os postos de roupa e de froita e verdura na feira; as compras para a semana nos supermercados, recados varios na mercería ou no zapateiro ou simplemente dar unha volta para ver o ambiente e tomar un café ou un viño.

Cantos policías son 120 policías?

Hai uns días a prensa informábanos de que a Policía Local de Santiago de Compostela incorporaría 12 novos axentes, situando o seu número de efectivos en 120. Nunha cidade como Santiago 120 policías locais, son pouco ou son moitos?. Son os suficientes?.

Ás cousas polo seu nome

O derradeiro día do ano 406 d. C. un exército de vándalos, alanos e suevos, pobos bárbaros para os romanos, cruzaron o Rin, a fronteira norte dun imperio en decadencia. Tomaron rumbo ao Sur, á Galia. Apenas catro anos despois, en 410, o dirixente vándalo Alarico saquearía, por segunda vez na súa historia, Roma. Non pasaran sequera 50 anos e os mesmos vándalos, capitaneados por un novo líder, Genserico, cruzaron o Mediterráneo, dende a actual Tunisia, e arrasaron, outra volta, a chamada “Cidade Eterna”.

A pinga que colma o vaso

O 5 de febreiro de 1994, hai agora pouco máis de 30 anos, as lousas do mercado de Markale, na zona histórica de Sarajevo, tinxíronse de sangue. Entre os postos destrozados os corpos sen vida de 68 persoas, no ar os berros dos máis de 100 feridos. Uns segundos antes estoupara unha granada de morteiro disparada polo denominado Exército da República Srpska, unha extensión irregular do exército serbio. As potencias occidentais protestaron enerxicamente, e quedaron so niso: vehementes comunicados que eran unha mostra da súa falta de determinación á hora de frear a guerra en Bosnia.

18 de febreiro, cada voto conta

Cada campaña electoral ten as súas polémicas e discusións. A apenas uns días de que os galegos e galegas decidamos o futuro queremos para Galiza, na esquerda continuamos falando da maldición que supón a división do voto entre diversas forzas a diferenza da hexemonía case absoluta do Partido Popular entre a dereita.

Todos podemos ser monecos nos que baten

Escoitar falar da noite do 9 ao 10 de novembro de 1938 non significará nada para unha maioría. So uns poucos serán capaces de poñerlle nome: a “Noite dos Cristais Rotos”, a “Kristallnacht” en alemán, tamén coñecida como o “Pogromo de Novembro”.

Malditas coincidencias

Son incapaz de ler un libro de ensaio sen ter preto un lapis para subliñalo e un caderno no que coller notas. Nunca me fiei moito da miña memoria polo que preciso apuntar as cousas. Estes días estou revisando os apuntes tomados nalgunhas das lecturas feitas nos últimos meses.

Tantos días felices

O martes 21 de novembro a exministra e exportavoz do PSOE, Carmen Calvo, afirmaba con rotundidade que aquel día o BOE a fixera a “segunda muller mais feliz de España”. O boletín oficial viña de publicar a Real Decreto 835/2023, de nomeamento de Ministros do Goberno. Calvo celebraba as ausencias e non dificil adiviñar en quen pensaba como primeira muller mais feliz. Aínda que eu quero pedir para min o primeiro posto de home mais feliz ao vez que nin Irene Montero, nin Ione Belarra se ían sentar a partir daquel momento no Consello de Ministros. Sei tamén que o primeiro posto en tanta felicidade é un posto disputado. A soberbia, sobre todo cando é exhibida con profusión por persoas de escasas cualidades, nunca espertou moitas simpatías.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.