Como vén sendo habitual, 4.000 entradas ofreceranse de forma presencial nos despachos de billetes de Castrelos: 2.000 en horario de mañá e 2.000 en horario de tarde. Pola súa banda, outras 1.000 venderanse 'en liña', 500 de mañá e 500 de tarde (09.00 horas e 16.30 horas).
A artista española é a artista que máis visita este verán Galicia, con tres citas, unha delas, a de Castrelos, gratuíta para o público, pero na que o Concello desembolsará un total de 786.500 euros.
  comenta   0