Unha decena de creadores de contido galegos de distintos ámbitos sumáronse á cuarta edición da campaña #IgualdadeFollowers, que desenvolve a Xunta en colaboración coa Asociación de Xornalistas de Galicia, para sensibilizar sobre a igualdade de xénero e loitar contra a violencia de xénero nas redes sociais.