Cando Altri é "poderoso caballero Don Dinero" e aplica coñecidas técnicas de propaganda

Xestionar ou pagar noticias, mercar espazos, facer informacións ao 'ditado' ou propaganda negra. Todo vale para crea falsos dilemas, desmoralizar a grupos contrarios, tratar á xente como parva e chamar máis ás emocións que a reflexións. Así é a estratexia de Greenfiber para instalar a súa megacelulosa Altri en Palas de Rei.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/02/2025 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"A técnica propagandista máis brillante non terá éxito a menos que se teña en conta constantemente un principio fundamental: debe limitarse a uns poucos puntos e repetilos unha e outra vez". Así falaba Adolf Hitler, o teórico do nacismo e ideólogo do exterminio de millóns de persoas sobre unha das técnicas de propaganda máis efectivas, a de xestionar as noticias. Unha estratexia que é coherente co principio do condicionamento clásico, así como coa idea de "permanecer na mensaxe".

Stand de Altri na USC para catar estudantado e alumnado
Stand de Altri na USC para catar estudantado e alumnado | Fonte: Altri

Outras das técnicas clásicas da propaganda son o control da contorna, que é o intento de controlar a contorna social e as ideas mediante o uso da presión social e, especialmente, a desinformación, que consiste en dar información intencionada sobre algo para tentar xerar ruido mediatico. Unha táctica propagandística que está moi vinculada á do "ditado", que consiste en simplificar o proceso de toma de decisión para dicirlle á audiencia exactamente que accións tomar, eliminando calquera outra opción posible. E xunto a esta, a da "propaganda negra", na que que se oculta a orixe da propaganda, que de saberse, con toda probabilidade desacreditase a información.

Unhas estratexias que provocan un "falso dilema", no que se presentan dúas opcións, sendo a mellor a que se intenta impoñer e a "desmoralización", que ten coma fin erosionar o espírito de loita e fomentar a rendición ou a deserción. Tamén o medo e distracción, que se converte no elemento primordial do control social; crear problemas e despois ofrecer solucións, utilizar máis a emoción que a reflexión ou tratar á xente como criaturas de pouca idade e mantelos na ignorancia e na mediocridade. Son  parte das estratexias de manipulación mediática, atribuídas a Noam Chomsky, pero recollicas por Sylvain Timsit.

DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Pero apliquemos todos estes conceptos teóricos a algo máis práctico; á megacelulosa que Altri quere construír en Palas de Rei. Desde hai meses, esta multinacional portuguesa está xestionando as noticias de numerosos medios de comunicación para tentar controlar a opinión púnlivs. Utiliza o 'ditado' e a 'propaganda negra' para distraer, crear falso dilemas, desmoralizar e xerar medo e distración a aqueles grupos e colectivos máis contrarios a este proxecto. O seu obxectivo, manter á xente na ignorancia con promesas que son só, iso, promesas.

O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, reunidos co CEO de Altri, José Soares de Pina
O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, reunidos co CEO de Altri, José Soares de Pina | Fonte: Xunta de Galicia.

E esa manda de estrataxias de manipulación están tendo efecto, primeiro, no Goberno galego e, pouco a pouco, en parte da contorna económica e social das zonas afectadas. Algo no que están xogando un papel fundamental determiniados medios de comunicación. E é que hai meses que a multinacional cambiou a súa estratexia inicial de deixar que fora a Xunta de Galicia a que lle limpara a imaxe social e pasou a outra estratexia máis agresiva para tentar convencer á cidadanía da importancia que supón a megacelulosa que quere instalar en Palas de Rei.

"Algunhas opinións cambian a causa do ruído mediatico", recoñecía no verán pasado o conselleiro delegado e SEO de Altri, José Soares de Pina. Unhas declaracións que facía no Foro La Región, convidado polo grupo mediatico ourensán, e ante multitude de autoridades locais, provinciais e galegas convidadas a ese evento. 

Non era a primeira vez que Soares de Pina tentaba lavar en público a mala imaxe colleitada pola súa empresa nos últimos mesesA principios dese mes tamén realizaba unha masiva rolda de prensa en Santiago de Compostela na que tentaba explicar a importancia que a fábrica de Altri vai ter para a comarca da Ulloa e, en xeral, para toda Galicia.

Unha estratexia para a que se contratou a unha importante empresa de comunicación para realizar unha ampla campaña de publicidade co obxectivo de limpar a mala imaxe do seu proxecto en Palas. Unha campaña na que non escatiman cartos e para a que utilizan aos grandes medios de Galicia --e tamén pequenos--, tanto medios escritos --tamén as súas divisións dixitais--, televisións e radios. Ademais, entre a estratexia despregada tamén está unha ampla campaña en redes sociais, incluídos anuncios. Por iso, a partir de agora, non é raro ver en medios de comunicación reportaxes ou anuncios publicitarios falando das bondades de Altri. 

LA VOZ E EL MUNDO

E precisamente, nesta estratexia de contraatacar á presión social que existe en contra deste proxecto están botando man de todo. O obxectivo é calar a presión social manifestada hai unhas semanas en Santiago de Compostela cando milleiros de persoas participaron nunha das protestas máis masivas que se lembran na campital desde a marea negra do Prestige. E,. de paso, presionar e axudar tamén aos poderes políticos, principalmente ao partido no goberno, para aprobar o proxecto.

"Poderoso caballero es Don Dinero", deixou escrito Francisco de Quevedo hai ben anos. Un diñeiro que, neste caso, a empresa non escatima. E aí está o acontecido o pasado fin de semana coa publicación por parte de La Voz de Galicia do informe favorable á empresa de Augas de Galicia --que indignou a entidades sociais e partidos políticos da oposición-- ou o foro organizado este mesmo martes, 4 de febreiro, por El Mundo en Santiago, no que coincidiron o director de operacións de Altri en España, Pedro Baptista, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Un foro, ademais, patrocinado por Greenfiber, a empresa matriz de Altri.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Preocupados pola proliferación do Modelo da Propaganda deberamos facer unha reflexión ampla sobre o futuro informativo que nos toca vivir. É posible que teñamos diante un muro pero tódolos muros rematan caendo... A liberdade de información e de expresión é o cerne dunha democracia adulta, sen ela calquera votación pódese converter nunha rateira na que a xente entra pero xa non atopa o camiño de saída... Unha prensa libre precisa da colaboración dos lectores para resistir contra o Modelo da Propaganda / http://www.galiciaconfidencial.com/... Somos nós os que deberamos dar un paso adiante para sortear o peche informativo ao que estamos sendo sometidos en función da "liberdade do mercado" (?) Gracias por existir GC ! https://gamela00.blogspot.com/2019/...