O número de explotacións agrícolas en España reduciuse un 12,4 % entre 2020 e 2023, ata situarse en 784.141, respecto das 895.055 explotacións que había en 2020. En Galicia o descenso foi do 1,6 %, segundo reflicten os datos da enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas de 2023 do INE.
  comenta   1
Juan Gestal, epidemiólogo e catedrático xubilado de Medicina Preventiva na USC, amósase convencido de que "a ameaza dunha futura pandemia de gripe é real". Apunta a un recente estudo que determinou que "unha soa mutación (antes pensábase que eran precisas tres) na hemaglutinina do clado 2.3.4.4b do virus aviario A (H5N1) podería mellorar significativamente a súa capacidade de unirse a células humanas".
  comenta   0
Os que están rexistrados tras a nova lei da Xunta son estes, segundo os datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural este mércores.
  comenta   1