A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reivindicou o sistema de prealertas de inundacións do que dispón Galicia desde hai xa dous anos, denominado Merlín, que foi desenvolvido xunto coa Universidade da Coruña, subliñando que permite ter información "72 horas antes" para así trasladala ao 112 e que se fagan as comunicacións necesarias.
  comenta   0
Cinco concellos do Condado-Paradanta queren acabar co que consideran un erro; a falta de ligazón para unilos directamente coa autovía A-52. Erro, desidia, falta de cálculo ou de orzamentos, o resultado é un documento polo que estas cinco entidades locais fan fronte común para reclamar a oportunidade de reducir tempos en comunicacións viarias e custos para os viaxeiros. Despois de varios anos reivindicando unha solución, consideran chegada a hora de que as autoridades competentes arranxen o que eles ven como un erro.
  comenta   0
Así, o concelleiro 'popular' Fernango González Abeijón sinalou que pediu no principio do ano ter acceso ás queixas, incidencias e comunicacións da agrupación de voluntarios de Protección Civil e non recibiu resposta por parte do goberno municipal, negando esa información "por silencio administrativo".