Aínda que non lle gusta falar de temas persoais nos seus murais, ben é certo que os que fixo como homenaxe ao seu pai e no colexio dos seus fillos son para ela os máis especiais. Xunto á súa parella, Miguel Peralta, fundou a cooperativa Estola, e non paran de crear dende fai xa máis de 10 anos.
  comenta   0
O DesOrdes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa, chegou á súa duodécima edición. A vila xa é todo un referente no mundo do muralismo contemporáneo. Desta volta, outros seis artistas vidos de diferentes partes do mundo arribaron en Ordes para dar novas vidas ás paredes deterioradas que a especulación urbanística deixou polo camiño. Nesta reportaxe falamos con Sokram, organizador do Festival, e cos artistas Alegría del Prado, Twee Muizen e Artez.
  comenta   0