Denuncian "presións constantes" para que un deles dimitise no que consideran unha actuación de "acoso e derrubo" contra eles. Bugallo di que é unha "fraude ao sistema democrático".
A dirixente socialista pronunciouse deste xeito ao ser preguntada na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega pola decisión de Ferraz de ratificar a expulsión definitiva do catro concelleiros de Santiago enfrontados coa dirección local: Gonzalo Muíños, Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez
Teñen un prazo de dez días para recorrer e o secretario municipal deberá dirimir se a medida xa é executable, pero avanzan que "esgotarán todas as vías".