Esta é a teima da checa Katerina Bártková, unha das estudantes do curso "Galego sen fronteiras", que este martes pon o punto final a case un mes de aprendizaxe da lingua e da cultura galegas a persoas chegadas de máis de 20 países do mundo. Coma ela, outras rapazas marchan de Compostela con soños pensados na nosa lingua.