O abrazo de Beiras e Quintana veu precedido doutros reencontros que se deron nun acto que desbordou as previsións e no que participaron 3.000 persoas.
  comenta   2
"Fálalles Adolfo Pérez Esquivel premio Nobel da Paz. Arxentino de nacemento e galego de orixe. O meu pai foi pescador en Combarro. Hai que apoiar a candidatura de Ana Pontón como candidata a presidenta á Xunta de Galicia polo BNG. Defende os intereses de Galicia", posteou na rede social X o Nobel arxentino, a través de conta do xornalista e catedrático Ignacio Ramonet. Tamén deu o seu apoio á candidatura de Pontón o exalcalde de Cádiz, José María González, 'Kichi'.
  comenta   0
Ignacio Ramonet (Redondela) impartiu na Facultade de Ciencias da Información en Santiago un seminario sobre xeopolítica con especial interese nas consecuencias da pandemia e da guerra en Ucraína. A idea é que o mundo se polariza cada vez máis entre Occidente e China coa súa área de influencia, isto materialízase nunha guerra comercial entre os dous espazos económicos e políticos. Considera que a poboación mundial non está preparada para outra pandemia como a da COVID aínda que si se puideron extraer coñecementos sobre como tratar unha nova crise sanitaria.
  comenta   1