Os cortes da vía enfrontan ás forzas políticas mentres o Ministerio prepara a licitación dun sistema de guía láser para 2025. "Creo que a única solución sería lograr disipar esa néboa dalgunha maneira antes de que entre. O problema é que cando xa estás dentro do túnel de néboa, non tes capacidade de reacción, non ves a tres metros e xa non hai marcha atrás", asegura o alcalde de Mondoñedo.