Científicos do CSIC conclúen, trala necropsia, que o exemplar de lura xigante atopado na praia de Bares en 2016 "mantivo unha loita cun exemplar máis grande da súa especie". Foi un feito insólito, xa que nunca antes se fotografara unha lura xigante viva fóra de Xapón.