Michael Keating é un politólogo especialista en políticas comparadas europeas. Foi fundador e director do Centro sobre o Cambio Constitucional en Edimburgo 1013-21. Estivo en Compostela para dar unha conferencia sobre o celtismo como mito e a súa presenza na política europea. Para Keating existen afinidades entre os chamados "países celtas", mais a construción deste ideario ten moita parte mitolóxica.