As imaxes dos reis e do presidente español ocultos en paraugas e rodeados de policías lembran, e moito, o acontecido en Galicia hai 22 anos cando os mariñeiros denunciaban falta de medios ante a marea negra do Prestige que impactara de cheo nas costas de Galicia. Entón non había ningún elemento da ultradereita nas protestas espontáneas. Eran profesionais do sector bateeiro impotentes ante a gran marea negra.