(Vídeo) Grande Amore presenta 'Pelea', un tema que pide "rebelarse ante un sistema insostible"

No videoclip Nuno saca á luz a rabia contida e a necesaria loita constante

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Grande Amore vén de presentar 'Pelea', unha catarse imparable e que é o primeiro adianto de 'II', o segundo disco do proxecto de Nuno Pico. Neste novo tema saca a relucir os demos internos que perseguen a toda unha xeración así como "a necesidade constante de rebelarse ante un sistema insostible".

Videoclip de Grande Amore
Videoclip de Grande Amore

'Pelea' chega tras colaboracións con artistas e bandas galegas como The Rapants e Galician Army. Agora, neste novo tema presenta con sons punk-rock e arranxos electrónicos aos demos de toda unha xeración. "É rexeneradora, necesaria. Denuncia a situación precaria do panorama actual e a pelexa interna para soportala", explica.

O tema está producido por Carlangas e conta cun videoclip, rodado en Lugo e dirixido por Xaime Miranda, no que Nuno Pico escenifica a canción. Nel, saca á luz a rabia contida e a necesaria loita constante. Alí, contaxia a necesidade de cambiar as cousas. "Pelea consegue poñerche a bailar a ritmo da incerteza vital", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta