Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/04/2023 | Actualizada ás 10:00
A sensibilidade léxica da lingua hitita en relación co campo semántico das emocións é o obxecto da investigación desenvolvida na USC por João Paulo Galhano. A tese de doutoramento observa e avalía a sensibilidade lexical hitita ás emocións e, por tanto, é un exame da capacidade deste pobo para lexicalizalas.
A importancia deste estudo estriba en que o hitita está considerada a máis antiga lingua indoeuropea coñecida en rexistro escrito, falada seguramente entre 1600 a.C. e 1100 a.C, en Anatolia, actual Turquía. A tese evidencia a gran amplitude lexemática das emocións hititas, especialmente dentro do grupo de ‘Repugnancia, Odio, Enfado, Rabia e Ira’ así como no de ‘Aprehensión, Medo, Pánico e Ansiedade’.
“Os resultados non implican que a realidade vivida polos hititas fose maioritariamente perturbada por esas emocións, senón que os textos que nos chegaron demostran unha maior lexicalización desa área semántica”, apunta João Paulo Galhano.Tamén apunta cara unha eleveda preocupación coa satisfacción do divino, xa que o nome do seu reino, Hatti, era coñecido como a "terra dos mil deuses".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.