'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"