Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2024 | Actualizada ás 18:52
Os Bombeiros de Boiro rescataron este domingo a unha muller de 97 anos que padece alzheimer e que sufriu unha caída no seu domicilio, onde ademais se atopaba coidando dunha muller de 103 anos. Segundo informou o Consorcio Provincial de Bombeiros, sobre as 11.30 horas o 061 solicitou a intervención dos efectivos de emerxencias para que abrisen unha vivenda para atender a unha persoa que sufrira unha caída no seu domicilio na rúa Pablo Iglesias.
No lugar atopábase xa unha ambulancia e persoal médico da PAC de Boiro para atender á persoa ferida. Foi o propio persoal sanitario o que indicou aos bombeiros que nun principio acudían para atender a unha persoa de 103 anos que padecía dores abdominais pero, ao chegar ao domicilio, a persoa que atendía á centenaria, de 97 anos, acababa de caer e non era capaz de levantarse. Así, os bombeiros procederon a abrir a porta do domicilio cun descenso controlado desde un piso superior a través dunha terraza anexa á vivenda afectada. Tras analizar a situación, lograron abrir a porta da terraza e facilitar a entrada do persoal sanitario ás 12.20 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.