Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 20:01
Unha muller resultou ferida de gravidade ao sufrir unha caída na fervenza de Segade, situada no municipio de Caldas de Reis. Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 17,15 horas deste mércores, cando unha persoa chamou aos servizos de emerxencia para alertar de que unha muller acaba de sufrir un forte golpe na cabeza ao caer desde unha altura.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para atender á vítima, que foi rescatada en padiola por membros do GES de Valga e Protección Civil. Tamén acudiron ao lugar os bombeiros do Salnés e axentes da Garda Civil e a Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.