Por Galicia Confidencial | Verín | 30/07/2019 | Actualizada ás 21:50
José Ramón Barreal, ex alcalde de Laza, é o novo director tecnico do Consorcio provincial de Bombeiros de Ourense. Unha praza a que accedeu logo de perder as eleccións municipais o pasado 28 de maio e que fontes sindicais din que se creou ex proceso para el. Con todo, desde a xerencia do organismo aseguran que o proceso foi “legal” e que non hai irregularidades na volta de Barreal ao seu posto tras deixar a alcaldía. No seu novo posto o xa ex alcalde de Laza cobrará 45.000 euros.
O Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense, que integra os parques comarcais de Valdeorras, Xinzo, Verín e o do Carballiño-O Ribeiro, designou de forma provisional a Celso Conde como xerente, e a José Ramón Barreal, como vicexerente en 2016 nun proceso que recibiu moitas críticas sindicais por parte de distintos sindicatos. De feito, foi tal a presión que, Barreal decidiu entón non tomar posesión dese posto e centrarse na súa función de alcalde.
Pero os problemas neste organismo provincial ourensán veñen de lonxe. No 2003, cando se constitue o Consorcio de Bombeiros de Verín, nombraron a Barreal como xerente por libre designación. Cando se monta o parque de Xinzo pasa a ser xerente dos dous parques nun proceso de contratación por obra e servizo, sen oposición. Finalmente, cando se fusionan todos os consorcios comarcais para facer o Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense a praza de xerente correspondelle ao xerente do consorcio de Valdeorras, que a ten por oposición.
O posto de vicexerente, que é o que suscitou a polémica, corresponderialle a José Ramón Barreal, que exercía de xerente dos parques de Xinzo e Verín. Accedeu a este posto como persoal eventual pero foi cesado polo consorcio comarcal. Barreal recorreu á vía xudicial e unha sentenza de xuño de 2015 deulle a razón, polo que foi reincorporado como persoal laboral indefinido nun proceso que os sindicatos asesguraron que fora “pactado”.
Ante a denuncia sindical, e dado que o seu perfil era incompatible co posto de vicexerente, créase o de Director Técnico. Foi tal o rebumbio que se armou que, ante a presión sindical, Barreal, que é alcalde de Laza, decide deixar o consorcio e cobrar unha adicación exclusiva no concello.Tras perder a alcaldía en maio decidiu reactivar a praza.
CRÍTICAS
“É unha praza totalmente absurda, que non fai falla para nada nun consorcio tan pequeno e cuberta por unha persoa que non está para nada cualificada e sen titulacións. Durante o tempo que el estivo en excendencia niguén cubriu esa praza, outra proba máis de que non é necesario para nada unha persoa nese posto”, apuntan fontes consultadas por GC.
Tras o seu reingreso, estas fontes apuntan que a praza de Barreal como director téccnico non estaba recollida na relación de postos de traballo para este ano e, polo tanto, non había asignación económica para a mesma. Actualmente, na relación de postos de traballo do consorcio figura un xerente, Celso Conde Charanga, que é funcionario e obtivo a súa praza como persoal laboral directivo con carácter fixo mediante un proceso selectivo convocado no seu momento polo propio parque de bombeiros de Valdeorras. E logo, tamén hai dúas persoas máis laborais fixos; un operario de limpeza e un administrativo-informático.
“TODO LEGAL”
Con todo, o representante da Deputación no consorcio e presidente deste ente, Pablo Pérez, aclara que a subrogación do persoal está recollida no prego para a xestión integrada e que as funcións de Barreal están definidas na Relación de Postos de Traballo. "As súas funcións non serán de xerencia, senón de coordinación operativa", aclarou en declaracións ao Galicia Confidencial. Ademais suliñou que tras a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) esa praza sacouse a concurso público.
Pérez destacou que Barrela gañou un xuízo e tivo que ser readmitido no consorcio e, que polo tanto, decidiuse crear esa praza polo que “todo é legal”. Ademais lembra que o problema que houbo no 2016 cos sindicatos está xa arranxado porque a RPT está aprobada polo que critica que haxa sindicatos ou “persoas que lle queren mal” que volven tentar “airear este tema”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.