Feijóo contradí o informe de Contas: "De Administración paralela sabemos máis na Xunta que en Madrid"

Di "non estar de acordo" co Consello de Contas que apunta que o Goberno de Feijóo non reduciu gastos eliminando supostos "chiringuitos" do bipartito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo "non estar de acordo" coa fonte utilizada polo Consello de Contas cando, no seu informe da semana pasada, advertiu que a extinción de entidades na Administración galega non logrou "aforros económicos significativos" porque "se optou por manter as funcións e os medios materiais e persoais".

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o líder galego dixo "agradecer moito" a Contas o seu informe, no que se acredita que Galicia "ten maior solvencia" económica, entre outros "logros", pero mantén unha "discrepancia" no ámbito da administración paralela.

E é que, explicou Feijóo, ese órgano fiscalizador "colle como fonte un informe que fai o Goberno central", co que a Xunta "non está moi de acordo". "A nós parécenos que de administración paralela en Galicia sabemos máis na Xunta que no plan que fai o Goberno de España", aseverou.

Ademais, o presidente indicou que Contas fai unha análise daqueles entes que se extinguen, pero "non o fai" de "todas as medidas" que manteñen nestas entidades. "Parécenos que ese informe é incompleto", engadiu. En calquera caso, Feijóo advertiu que o seu Executivo "alegou" a esta conclusión e destacou que cumpre con "o 78 por cento" das recomendacións deste órgano fiscalizador. "Eu creo nas maiorías", sinalou, para despois asegurar que se o 22 por cento non se asumen "seguro que haberá causas nas discrepancias".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello.. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta