Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 14:04
Unha muller duns 85 anos de idade resultou ferida ao ser atropelada na mañá deste venres no termo municipal da Pobra do Caramiñal (A Coruña). Segundo informou o 112 Galicia, o servizo de emerxencias tivo coñecemento dunha muller atropelada na estrada AC-305 ao seu paso pola Pobra do Caramiñal.
O aviso chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mediante a chamada dunha persoa particular sobre as 11,30 horas deste venres, tras o que se informou ao 061, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.
Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario de Atención Primaria da Pobra para atender á muller, M.S.S., de 85 anos, que foi trasladada ao Hospital do Barbanza, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.