Ofensiva contra a “gran fiesta de España” en Pontevedra

Podemos súmase ás críticas de plataformas animalistas contra o apoio do Concello pontevedrés ás touradas, unha práctica que consideran allea a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/08/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Esta fin de semana hai espectáculo de touros en Pontevedra, a única deste tipo en Galicia e considerada como a “fiesta de España” por excelencia en círculos taurinos. Un espectáculo prohibido xa en lugares como Cataluña, con goberno nacionalista, pero que o Concello de Pontevedra segue apoiando cun convenio que permite publicitar as touradas nas rúas da cidade. "Un apoio que, ademais de supoñer unha axuda económica para os propietarios da praza de touros, permite a ocupación das vías de Pontevedra con grandes carteis anunciando as touradas".

Corrida de touros
Corrida de touros

Esa é a denuncia que fan plataformas animalistas como Galicia mellor sen touradas ou Libera, e á que se suma tamén Podemos Galicia. Os portavoces da formación morada lembraron que as corridas contan co rexeitamento maioritario da cidadanía galega.

Así, o deputado de Podemos e portavoz de Medio Ambiente no Parlamento de Galicia, Marcos Cal, e o secretario de Benestar Animal de Podemos Galicia, Rubén Pérez Sueiras –que ademais é o voceiro de Libera--,  lembraron que  a retirada de apoio institucional ten sido determinante para ir rematando coa maioría dos eventos taurinos en Galicia. “Por iso esiximos tanto ao Concello de Pontevedra, gobernado por una coalición de BNG e o PSOE, como á Xunta, gobernada polo PP, que rematen con calquera tipo de colaboración”, expresaron nun comunicado.

Doutra banda, Podemos tamén critica que a Xunta negouse a garantir que non enviará a representantes nin membros do seu goberno ás corridas desta fin de semana, como vén facendo nos últimos anos. “Demandamos á Xunta que se manteña neutral e que ningún membro do Goberno galego asista  ás touradas  mentres miles de pontevedresas se  manifestan  pedindo a  súa eliminación”, dixo Marcos Cal.

Pola súa banda, Rubén Pérez puxo o exemplo da Coruña na pasada lexislatura cando, gobernado pola Marea Atlántica, eliminou os subsidios ás touradas. “É a demostración de que estamos  diante  dun negocio que  só pervive  socializando  custes e fomentando actos bárbaros como o maltrato animal”.

DECRECENDO ANO TRAS ANO

Este tipo de espectáculos leva decrecendo nos últimos anos en Galicia. Así, dos nove eventos taurinos celebrados en 2014 quedaron sete en 2015 e só  catro en 2016, 2017 e 2018. En 2019 son só tres, quedando as  touradas de Pontevedra como único evento de  entidade en Galicia.

Unha situación que reflicte, tamén, a recollida de 377.000 sinaturas pola  asociación Galicia mellor sen Touradas. Outra asociación, Touradas fóra de Pontevedra, leva dez anos organizando  unha manifestación na cidade á que este ano adheríronse  xa 115 colectivos. Celebrarase o próximo sábado a partir das 20.00 horas baixo o lema “Agora abolición” e partirá da praza da Peregrina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Soliño

Dedicado aos moi 'sensibles' animadores de Galicia Confidencial: fallan vostedes na "necesaria concienciación social ya desde la infancia para lograr reconocer que los animales son seres capaces de sentir placer, miedo, dolor, ansiedad, estrés..., y también de sufrir, resaltando la importancia de la relación directa que existe entre el bienestar animal y el bienestar mismo de la humanidad", sinalando "la crueldad y la perversidad humana contra los animales”, de quen "desprecia la vida hasta el punto de maltratar o abandonar a una mascota habitualmente también despliega su instinto agresivo contra una mujer, sus hijos, menores, ancianos, vecinos u otros ciudadanos a los que considera inferiores”. Pilar de Lara, xuiza de Lugo. [En castelán, que é a língua orixinal do auto, e sacralizada polos supremacistas, tamén moi do agrado do alcalde Lores, para que lles sexa ben doado dixerir o contido].

5 Animalismobarbarie

O animalismo resulta unha moda burguesa máis protagonizada pola crecente masa de persoas que no noso país viven estupendamente, xeralmente de Ongs, chiringuitos públicos e sindicais, incapaces de ter relacións maduras con outros semellantes e que refuxian nos animais as súas frustracións persoais.

4 Carme

As touradas de Ponte-Vedra, a normativa espanhola, a presença da Pontón na festa da Voz, etc som cousas que nom me acaem moi bem num dito partido nacionalista galego. Mais tenhem o meu voto polo resto do seu (moi bom) trabalho e mentres nom tenhamos outra alternativa melhor ou a uniom numha outra plataforma do BNG com outras forças independentistas.

1 Regalos de Tres Estalos

Se o Lores baila com a música casposa de Bertín Osborne ou da lideresa ultrafacha Alaska e subsidia a Fiesta Nacional, se a Pontón aplaude ao Bourbón e ao amo da propaganda espanholista com a sua Voz de Malícia, se empregam a norma espanhola, para quem trabalha o BNG? Se quadrar, desde o seu entendemento, Tojeiro (Reganosa), Gayoso da Caixanova (Massó e preferentes), Martínez Nuñez (Campa no Courel), Lence (grupo lácteo), Dorribo (o empregador do Bazarra), Aquagest (a dos regalos, na que o responsavel de finanças do BNG representava ao regedor de Ponte Vedra), eram independentistas galegos? E Carrumeiro Media a empresa pública matriz da nossa pronta liberação nacional e popular?

3 Alpinista

Con Lores de alcalde o adoutrinamento supremacista está garantido (touros, militares, Bertín Osborne, Alaska...), non se precisa do PPsoE, das marcas brancas do PcE, de Ciudadanos nin de Vox en Pontevedra. Só hai que ver quen o apoian. O silencio cómplice dos líderes e bases do BNG denota que perderon o norte. Nunca tal descaro e impostura se vira no nacionalismo galego.

2 Currelante

Lores é máis españolista que os do postureo podemita que se xuntan nas prazas de touros madrileñas, e todos os do BNG, por permitilo e por encubrilo, amosan como venden Galiza. O BNG é un axente de colonización, certificado no noxento Modelo Touro Maltratado para Diversión dos Españoles na Fiesta Racial Nacional en Pontevedra con Lores como abandeirado.

1 OléporLores

Sólo te recuerdo que en la villa de Allariz gobernada desde siempre por el BNG también hay una versión enxebre de los encierros taurinos de tanta raigambre en toda España. Ajo y agua.

2 Currelante

Precisas ler máis... A Festa do Boi de Allariz é maltrato animal derivado da visión cristiana da dominación humana sobre outros seres que senten, faise na data do Corpo de Deus (para nada orixinal nin exclusivo do españolismo). En Escairón acabamos de presenciar unha mostra da humillación dos teus conxéneres montados por ridículos patáns. As achegas de bois e as rapas das bestas, coas que estás emparentado, tan autóctonas, tampouco son para celebrar. Hai tradicións que deben ser repensadas. Con todo, a barbárie por excelencia representase na Festa Racial Española, pois facer sufrir un animal por diversión amosa a vosa debilidade máis íntima. Caeredes como outros povos bárbaros, cousa de tempo...

3 OléporLores

Currelante. Si por iluminados como tú fuera la humanidad estaría dividida en dos partes: tus amigos y tú dirigiendo el cotarro en palacio y carroza. Y el resto, en campos de concentración para ser reeducados/eliminados. No podemos olvidar que Adolf Hitler era vegetariano, odiaba a los cazadores y la caza. Pero siempre ha habido personas como tú, amargadas de la vida, y a los que le queda mucho por sufrir contemplando la fiesta de los toros mientras vivan. Me fumaré un puro a tu salud este fin de semana disfrutando de la fiesta de los toros en la señorial ciudad de Pontevedra, gobernada por nuestro querido alcalde Lores. Olé por Lores