Xenebra galega e enerxética

Unha pequena adega de Allariz innova no mercado dunhas das bebidas máis de moda.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 09/04/2012 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

A empresa ourensá Novalicor Auria presenta unha nova xenebra destilada con botánicos de propiedades estimulantes, o ginseng e o guaraná. A compañía baseada en Allariz xa innovara previamente no mercado dos destilados ao lanzar a marca Entropía, a primeira gama de licores elaborados con estas herbas exóticas.

Innovación

A nova Entropía Gin tamén está elaborada con "ingredientes 100% naturais". Ademais de botánicos clásicos das xenebras como o xenebreiro ou o coandro, a adega de Ourense innova ao incorporar ingredientes moi pouco habituais (hibisco, xenxibre e noz moscada) e outros nunca antes usados para unha xenebra, como son as herbas enerxéticas guaraná e ginseng.

Entropía Gin acadou a categoría de "excelente" ao conseguir 90 puntos na edición 2012 da coñecida Guía Peñín de los Destilados.

Así se logran as propiedades estimulantes

Finalizadas as destilacións, faise infusión coas 14 herbas para aportarlle a característica cor dourada e o intenso aroma desta xenebra. Lógrase así fusionar a elaboración tradicional das xenebras coa elaboración artesanal de licores propia Galicia, mediante maceración de botánicos.

None

Este proceso é fundamental para que as propiedades do ginseng e do guaraná pasen á xenebra con todas as súas características. Precisamente o que diferencia a Entropía Gin do resto, son estas dúas plantas, "utilizadas dende a Antigüidade como estimulantes, debido as súas coñecidas propiedades enerxéticas e mesmo afrodisíacas".


 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Amalia

Parabéns a esta empresa. Xa a coñezo dos seus licores moi esquisitos, sobre todo un de canela. En Compostela está presente en varios locais. Agora a probar o combinado de tónica con gin galego. Tamén hai outra xenebra galega chamada Platu. Unha boa idea sería etiquetar estas novidades en galego. E así presumimos de bebidas 100% galegas. E obrigado por creares emprego na nosa terra galega.

4 Gintonic

Si señor!! Galiza é unha potencia gastronómica!

3 Manolo2

Ja,ja,ja, xinebra galega e enerxética. Sodes uns cachondos....Solo falta ver al Quintana mazarse con este producto alaricano.

2 ssss

Boa falta nos fai xa que AUGARDENTE, nonos fai levantar cabeza.-

1 Colebra

Dixéronme que bótaslle ao peito unha botella enteira e non das positivo no control das borracheira....Miudo invento, e mira ti, agora que non hai traballo e todo e tempo de lecer, mándaslle uns zospiros e ponche o corpo que non vexas. Menos mal que algúns inventan remedios para a deseperación...!