A recadación de impostos en Galicia aumenta a 7.854,6 millóns en 2024, un 8 % máis

Está encabezada polo gravame sobre a renda (tramo autonómico do IRPF), que ascende a 3.377,5 millóns (269 millóns máis), segundo os datos do IGE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

Os ingresos tributarios de Galicia alcanzaron os 7.854,6 millóns de euros en 2024, o que supón 557,5 millóns máis que en 2023, é dicir, un 7,6 % máis, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. A recadación dos impostos directos subiu a 3.639,5 millóns, un 8 % máis que o ano anterior. Está encabezada polo gravame sobre a renda (tramo autonómico do IRPF), que ascende a 3.377,5 millóns (269 millóns máis). A recadación sobre o capital mantense case invariable, 261,7 millóns, só dous millóns máis.

No tocante a impostos indirectos, o total ascende a 3.988,2 millóns en 2024, 270 millóns máis que en 2023 (+7,3 %). Isto prodúcese debido a que a recadación do IVE crece ata 2.713 millóns, 315 millóns de alza. Tamén hai un avance no imposto sobre patrimonio: son 362,6 millóns, case 44 millóns máis. A recadación por xogo anótase un lixeiro incremento ata os 52,6 millóns, igual que os tributos propios da comunidade elévanse a 35,8 millóns.

No capítulo de taxas, a recadación increméntase a 226,9 millóns, preto de 17 millóns máis en comparativa interanual. A maior parte destes tributos son recadados pola Administración Xeral do Estado, xa que a Axencia Tributaria de Galicia só xestiona algúns propios da comunidade. De feito, a partida fundamental do financiamento que o Goberno central achega ás comunidades autónomas procede, precisamente, desta recadación.

Vista da declaración da renda nunha tablet
Vista da declaración da renda nunha tablet | Fonte: EDUARDO PARRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta