Paula Prado responde á alcaldesa de Teo: "Que defenda os veciños e deixe de lanzar insinuacións"

A alcaldesa en funcións deste municipio insinuou este martes que Prado ía deixar de defender unha posición contraria ao vertedoiro de Casalonga "por unha casa que tiña aí".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PPdeG, Paula Prado, arremeteu contra "a baixeza política e persoal da alcaldesa de Teo", Uxía Lemos, a quen esixiu "que defenda os veciños" e "deixe de lanzar insinuacións" sobre a súa vida. A alcaldesa en funcións deste municipio insinuou este martes que Prado ía deixar de defender unha posición contraria ao vertedoiro de Casalonga "por unha casa que tiña aí".

"Uxía Lemos ten que ser unha persoa de altura e defenderse con argumentos políticos", asegurou a integrante do grupo popular, durante unha roda prensa celebrada no Parlamento de Galicia este mércores, na que tamén lembrou que "sempre defendeu que Toysal saia de Casalonga".

Prado afirma que non defende unha cuestión por "asuntos persoais", senón porque considera que "non se deben producir verteduras ilegais nin en Casalonga, nin en ningún lugar". A viceportavoz concluíu recomendándolle á alcaldesa de Teo que "aprobe un plan xeral que impida a instalación de Toysal para defender os veciños da zona", que é "a súa responsabilidade como concelleira".

Os Tilos, Teo
Os Tilos, Teo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta