Rescatado un parapentista en Ferrol tras quedar prendido dunha árbore

Aconteceu entre a praia de Doniños e Cabo Prioriño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un parapentista foi rescatado en Ferrol despois de quedarse prendido dunha árbore mentres practicaba parapente entre a praia de Doniños e Cabo Prioriño, emprazamentos naturais situados no concello ferrolán.

Parapente / Óscar (xindilo/fotosderianxo) - Flickr.
Parapente / Óscar (xindilo/fotosderianxo) - Flickr.

O 112 Galicia recibiu na tarde deste domingo unha chamada dun particular ás 17,45 horas na que alertaba da situación na que se atopaba o planeador que se quedou enganchado a unha árbore.

Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil. Do mesmo xeito, avisouse ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo Aéreo de Rescate.

Finalmente, o parapentista resultou ileso, con todo, foron necesarios medios para desenganchar o paracaídas do lugar onde quedou prendido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta