Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/08/2019 | Actualizada ás 12:11
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron limitar o uso de pirotecnia no termo municipal da Coruña "co obxectivo de reducir o impacto negativo que ten sobre os animais e os colectivos vulnerables". Para iso, expoñen que se redacte unha ordenanza reguladora.
Os animalistas sinalan que existen exemplos noutras partes de España "como os bandos de alcaldía que, cada ano, exercen unha limitación sobre o tempo de uso de petardos e foguetes por parte de particulares durante eventos especiais como a Noitevella, estando permitido tan só 15 minutos despois das doce da noite e sancionando a todo aquel que lance estes artefactos fóra do horario taxado".
Tamén expón a limitación de convocatorias en eventos como o San Xoán ou a Batalla Naval "e imitando ao Concello de Sada, a supresión das bombas de palenque e espectáculos pirotécnicos nas festas dos barrios".
Delas, afirma que "só contribúen a incrementar a ansiedade e a tensión tanto de animais domésticos, como silvestres, ademais dos danos potenciais en colectivos sociais como persoas maiores, bebés ou cidadáns con hiperacusia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.