Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/08/2019 | Actualizada ás 18:09
Marea Atlántica expresou o seu rexeitamento ao uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e o mantemento de parques e pediu explicacións ao goberno local coruñésa este respecto.
A forza política rexistrou unha pregunta escrita para solicitarlle ao goberno local información "sobre o uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e no mantemento de parques e xardíns".
Sinala que no anterior mandato —durante a súa xestión—, "este tipo de substancias foron eliminadas debido ao seu risco para a saúde e polo seu grave impacto ambiental en chans, augas e na fauna".
Ademais, a portavoz municipal de Marea Atlántica, María García, afirma que "substituír o glifosato por outros produtos semellantes pode ser unha boa actuación propagandística, pero non resolve ningún dos riscos que ten o seu uso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.