CC.OO. considera que a reestruturación da unidade de paliativos de Santiago "prexudicará" a calidade da atención

Haberá un único celador para "atender ao dobre de pacientes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2019 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O sindicato Comisións Obreiras asegurou este xoves que o traslado da unidade de paliativos do Hospital Gil Casares ao Hospital Provincial de Conxo, en Santiago, "prexudicará" a calidade da atención aos pacientes.

Segundo explicaron nun comunicado, con este traslado, previsto para setembro, haberá un único celador para "atender ao dobre de pacientes", xa que, "ata agora, o servizo tiña un celador propio para esta unidade nas quendas de tarde e de noite, pero na nova localización xa non será así".

Fai menos dun ano, apuntou CC.OO., "este servizo xa padeceu outra reestruturación", que implicou "a desaparición de catro postos de enfermaría e dúas de técnicos de coidados auxiliares de enfermaría", unha situación que, alertan, afecta agora os celadores. Pola contra, o sindicato reclamou nos últimos anos "o incremento de celadores" no Hospital Provincial de Conxo, xa que o seu número "é moi deficitario", apuntan.

Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta