A chegada do COVID-19 a Galicia encendeu todas as alarmas entre os diferentes cadros de persoal sanitario, ademais da poboación en xeral. Dentro do sector da saúde algúns segmentos profesionais poñen en dúbida a eficacia das medidas emitidas polo SERGAS, a quen acusan de non ter actuado a tempo cando vían como se extendía o virus polo resto do Estado. Con todo, piden calma e que se evite a alarma social.