Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 12:23
O Servizo Galego de Saúde admitiu a 19.352 aspirantes na lista de selección temporal de diversas categorías, das cales con maior número destaca a de celador, con 10.997. Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste martes a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes no proceso.
En concreto, trátase de aspirantes nas categorías de celador, celador en quenda de discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citología, técnico superiro en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.
Sanidade destaca que a categoría con maior número de admitidos é a de celador, con 10.997. O 20,63% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso e só resultaron excluídas o 1,41% das solicitudes de participación, engade. As listas, publicada a disposición das persoas interesadas na páxina web do sergas, entrarán en vigor, a efectos de chamamentos, este mércores, 11 de maio.
A Consellería de Sanidade avanza que proximamente se publicarán as listas definitivas do proceso de actualización de varias categorías, entre elas facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de Atención Primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico especialista en medicamento do traballo e odontólogo de primaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.