Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 11:06
A Asociación de Celadores Galegos (ACeG) prosegue este martes, 18 de febreiro, co seu calendario de mobilizacións cunha manifestación en Santiago de Compostela para rexeitar a reconversión das súas prazas en Atención Primaria e Puntos de Atención Continuada (PAC)
A nova protesta terá lugar este martes a partir das 17,00 horas na capital galega. A manifestación partirá desde a Xunta de Galicia, en San Caetano, para terminar fronte ao edificio do Sergas, en San Lázaro.
Os celadores galegos manteñen calendario de mobilizacións para rexeitar a reconversión das súas prazas en Atención Primaria e PACs, así como contra a privatización dos servizos hospitalarios e para esixir que se lles devolva a súa cualificación.
Así mesmo, insisten en reclamar unha reunión á Xunta e ao Sergas para abordar as súas "inquietudes" e "poder solucionalas polo ben común", concretou a asociación convocante da protesta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.