Case 8.000 aspirantes a 830 prazas nas oposicións de enfermaría que se celebran este fin de semana

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Un total de 8.738 persoas foron admitidas na Oferta Pública de Emprego (OPE) de Enfermaría, dotada con 830 prazas, para realizar os exercicios que terán lugar este domingo 12 de maio ás 15,00 horas no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o lugar (o recinto feiral de Silleda) e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado por resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso na categoría de enfermaría.

En total resultaron admitidas 8.738 persoas aspirantes, das cales, concretou Sanidade, 122 corresponden ao grupo de discapacidade xeral, 8.520 á quenda libre e 96 ao de promoción interna. En total neste proceso ofértanse 830 prazas, das cales 372 corresponden ao grupo de acceso libre, 415 a promoción interna e 43 ao de discapacidade xeral.

Sanidade destacou que con este proceso selectivo e os xa celebrados o 9 e 10 de marzo para o acceso á categoría de celador e o 7 de abril para a categoría de grupo auxiliar da función administrativa, o Sergas "dá total cumprimento aos compromisos de coordinación dos procesos selectivos entre as Comunidades Autónomas adquiridos no ámbito da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde", destaca.

Máis de 9.000 aspirantes están convocados este domingo ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Máis de 9.000 aspirantes están convocados este domingo ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta