Toda o Parlamento galego pide alternativas ao uso de herbicidas nas marxes de estradas

Insta por unanimidade a que Fomento axilice as obras do orbital de Santiago para que estea operativo en 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Cámara aprobou por unanimidade que se inste a diferentes administracións para que se busquen alternativas ao uso de herbicidas nas marxes das estradas. Esta proposta, presentada polo Grupo Mixto, foi defendida polo deputado Davide Rodríguez, quen denuncia os perigos que implica o uso de herbicidas como o glifosato e alerta do "vicio" da Xunta na aplicación dese veleno.

Uso de glisofato nas estradas galegas.
Uso de glisofato nas estradas galegas.

A proposta empraza a diversas administracións como Xunta, Ministerio de Fomento, deputacións e concellos a reducir progresivamente o uso de herbicidas no control da vexetación.

Rodríguez remarca que a UE "está a piques de prohibir" o glifosato e que a Organización Mundial da Saúde (OMS) o considera como canceríxeno. Asegura que, ademais de contribuír á contaminación, é "un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amontoa".

Por outra banda, todo o Parlamento galego aprobou este venres unha iniciativa do PPdeG pola cal insta ao Ministerio de Fomento a que axilice a licitación das obras da ligazón orbital de Santiago, autorizada en Consello de Ministros en abril, para que estea operativo en 2021, ano Xacobeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta