Por Valentin Carrera | Teo | 04/05/2012
Quizais o próximo 10M un modo de non darlles a razón ou arrebatarlles o poder sexa reivindicar a dignidade da Política con maiúsculas, a dignidade do ben común, da colectividade que somos.
Hai que votar e moito, sempre que se poida, hai que saír á rúa e moito, sempre que nos convoquen, hoxe por ti, mañá por min;, hai que facer Política e non lavarse as mans, como Pilatos. Que hai moito pilatos insolidario, que fan como Franco, "non se meta Vostede en política".