O dito, anónimo, viña a confirmar o revolto que estaba o pais francés diante as protestas estudantís do momento e que trouxeron un cambio importante na sociedade. Pois ben, no primeiro terzo do século 21 xa hai quen pensa que, diante o que acontece actualmente dende a chegada ó poder do ególatra e narcisista rei sen coroa Trump, o mellor e parar o mundo e baixarse del, pois todas as normas mundiais que rexían os estados da aldea global e que eran a guía da humanidade, caeron ó chan e maiormente non valen pra nada. E como demostración sinalarei casos moi concretos: En Hungría, pais da UE, o seu presidente ignora a Corte Penal Internacional e recibe ó a Netanyhu, mellor, o que manda que se aniquilen e masacren ós palestinos, ignorando a orde de detención deste tribunal que pesa sobor dese señor. E claro non pasa nada. Nos EE.UU, O presidente que auspiciou o asalto ó Congreso por non estar dacordo cos resultados electorais indulta a todos os asaltantes e prende os emigrantes lévandoos encadeados a outro pais americano. En Rusia o ex coronel da KGB, chamado Vladimir Putin, encadea os membros da oposición e o principal lider morre de maneira escura nunha cadea do seu pais. E a ristra de novas deste estilo podería seguir pois é moito máis longa. Polo que moitos preguntámonos: que está a acontecer no mundo pra que unha serie de principios que eran aceptados pola maioría dos estados saltara polos aires e quedará en papel mollado? Polo que, semella que vivimos un tempo no que volvemos a lei do máis forte, e que esta se vai impondo cada día con máis claridade. Dado que todas as declaracións universais como a dos dereitos humanos e os tribunais internacionais xa non vale ren.
Na actualidade que nos tocou vivir optar por fuxir da realidade é moi complicado, pois ademais de tirar ó lixo moitas as normas de convivencia entre os pobos, estamos a padecer un tempo onde a forza bruta parece mandar no mundo. Cuestión que nos afectará nas normas sociais e como mon na economía diaria. E diante esta realidade as preguntas saltan e precísanse respostas, pois acaso será posibel que volvamos a unha economía baseada unicamente na autarquía?
Lembro un artigo que se publicara hai bastantes anos nun xornal e que falaba de que o capitalismo remataría sendo unha guerra de todos contra todos se non había unha serie de normas básicas que se respectaran. Polo que pregunto: estamos preto de chegar a esa realidade? A caso volvemos ó imperialismo do século XIX? Ben sei que o mandatario americano non vai durar sempre no poder, e tamén que a sociedade americana, cos seus defectos, terá que reaccionar e plantarlle cara a este esaxerado e fantasma presidente.
Con tofo o que acontece fuxir da realidade é moi complicado, pois esta asáltate e, sen comelo nin bebelo, aféctanos a todos. Moitas veces nas miñas reflexións penso que o mundo ó revés camiña, e faino pois nesta sociedade estanse a perder moitos valores éticos que hoxe se botan de menos. Por tal motivo, os gobernantes non poden basear soamente as súas decisións deixando de lado a parte humana da política, pois do contrario se a economía é soamente o que manda, sempre haberá xustificación pra tentar ter súbditos e aspirar a ser o rei do mundo como hoxe pretenden Tump e os seus seguidores. En fin, como non podo baixarme do mundo nin vivir ó marxe da realidade que tristemente acontece, espero e desexo que as cousas troquen, e que esta xente axiña perciba que vai polo camiño errado.