Ante iso atopamos a políticos que non só non resolven os problemas e as realidades, senón que fan gala continua dunha hipocrisía elevada ao infinito, e cuxos hooligans acirran coma se dun combate sanguento de boxeo estivesen a participar.
Acabamos de participar nunha obra de teatro onde todos sabemos quen eran os actores, pero descoñecemos cales eran os seus papeis na función, e aquí entra a realidade do refraneiro español: "nada é verdade nin mentira, senón segundo da cor do cristal con que se mira".
O PSOE brincou a ser o marido na voda, en morto no enterro, e o anfitrion na gala de premios, cando non pasaba de ser un invitado privilexiado en cada un dos actos, e que sen o pase do porteiro de traxe morado non podería entrar neles.
Ao tempo, e segundo explica maxistralmente Ignacio Escolar, "Pablo Iglesias pediu outra carta, xogando ás sete e media, cando tiña un seis na man".
A realidade trasládanos á violencia machista onde un trastornado mental e social asasina a sua ex parella e dúas mulleres máis diante dos seus fillos, e a hipocrisía política contabiliza unha soa vítima por violencia de xenero...aquí hai 5 vítimas, tres mulleres que perden a vida e dous nenos que perden a súa saúde psicolóxica e emocional.
Tapado e oculto polo ruído parlamentario e o terceiro acto teatral de Pedro Sánchez, Pablo Casado, Albert Rivera, e Pablo Iglesias, prodúcese outro asasinato machista en Madrid, tamén diante dos fillos.
A hipocrisía reaparece da man de Santiago Abascal e VOX afirmando que non existe violencia machista senón violencia intrafamiliar, iso si, ETA en máis de 30 anos matou a unhas 800 persoas e as mulleres asasinadas por violencia de xénero supera as 1000 en moito menos tempo, pero para os iluminados da bandeira ao peito, isto non é terrorismo.
Os hipócritas políticos españois, (eu chamaríalles inútiles), critican aos de un país como Italia, que na realidade conseguiron enterrar diferenzas para enterrar a Salvini...a min parécenme moito máis dignos .
Para terminar a obra de teatro que envolve de hipocrisía a crúa realidade da nosa sociedade, aparece Pablo Iglesias, (en quen nun tempo, fai moito xa, eu crin sería un líder histórico e excepcional), é dicindo defender a República axeonllase ante un rei franquista para ver se coa súa axuda consegue un pacto co que ter ministerios...a decepción é total!!!.
Os hooligans de cada partido político, envolvidos na súa bandeira sectaria, insultarán ao autor deste artigo, uns chamaranme comunista de merda, os outros dirán que teño pel vermella e alma facha, algúns dirán que unha pedra deume na cabeza ao nacer...o certo é que nin con todos os insultos do mundo un dedo poderá tapar o sol.
Iremos a eleccións o 10 de novembro, e os únicos que se gañaron o voto pola súa coherencia e traballo serán o PNV e ERC, os demais terán que ir a clases de recuperación, a cuestión é que crerlle a estos é xa moi difícil, salvo a VOX que nos garante a volta á idade media.
Sinceramente, na miña opinión, o único que realmente é creible, medible, e constatable, que traballa, mellor ou peor, por problemas reais nesta sociedade son os municipios, e aí tócanos profundizar .
Esta Constitución está obsoleta, toca modificala, cambiar a lei electoral, federalizar o estado, abolir a monarquía, separar os poderes públicos e independizar a xustiza...e todo iso con estes políticos non se vai a conseguir. O PP non quere por corrupto, Cis por neoliberal, VOX por fascista, o PSOE porque NON é realmente de esquerdas, e PODEMOS porque perdeu o republicanismo polo camiño.
Ainda queda muito que remar.