Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 11:06
O Arcebispado de Santiago organizará este sábado, a partir das 11,00 horas no Seminario Menor de Belvís da capital galega, unha xornada na que "a Igrexa quere estar cerca de todas as familias, tal e como son".
Segundo informa, a Delegación Diocesana de Pastoral Familiar quere acompañar, "dunha forma particular, aos noivos" e "aos namorados". Trátase de "estar e camiñar con eles, acompañalos, ser unha Igrexa máis familiar, alegre e cotiá".
Deste xeito, entre as actividades programadas para a xornada, que prevé finalizar ás 18,30 horas cunha eucaristía a cargo do arcebispo de Santiago, Julián Barrio, atópase unha actuación do mago Alexis e unha comida conxunta ao redor das 14,30 e na que cada familia traerá a súa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.