Más País, liderado por Íñigo Errejón, presentará candidaturas nas provincias de Pontevedra e A Coruña

A nova forza política concorrerá en polo menos 17 provincias españolas, segundo o preacordo que asinou a plataforma con Equo. Ademais, acordan que a fórmula xurídica coa que se presentarán será a de coalición.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/09/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Más País concorrerá en polo menos 17 provincias do Estado, incluídas as galegas da Coruña e Pontevedra, nas eleccións xerais do 10 de novembro, segundo o preacordo que asinou a plataforma de Íñigo Errejón con Equo. Ademais, acordan que a fórmula xurídica coa que se presentarán será a de coalición.

O líder de Más Madrid, Íñigo Errejón
O líder de Más Madrid, Íñigo Errejón | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Segundo o documento, Equo e Más País presentaranse "nas circunscricións onde se elixan sete ou máis deputados", dado que desa forma se respecta a proporcionalidade do voto e evítase restar ao bloque progresista.

Deste xeito, en Andalucía presentarán listas en Málaga, Cádiz, Granada e Sevilla; en Galicia concorrerán en Pontevedra e A Coruña; e a isto sumarase ademais de Barcelona e Madrid, as circunscricións de Alacante, Asturias, Baleares, Biscaia, Murcia, Santa Cruz de Tenerife, As Palmas, Valencia e Zaragoza. A estas provincias poderían sumarse outras novas, nese caso, desde Equo queren que os seus candidatos aparezan tamén en listas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Somanta Foxa

Eramos poucos e paríu a "esquerda" española... Outra vaca no millo (e algúns "galleguiños" que mirarán con olliños vizosos por ela...).

1 sermos mantidos

Adeus Yolanda, adeus Toné, adeus esperanza da U... Ola e olé PPsoE!

1 Garcilaso de las izquierdas

La batalla de las poltronas está servida.

2 Gamela

Yolanda vai ter que buscar traballo de asesora do PSOE ! Agora que xa coñece as estancias da Zarzuela pode mellorar o seu currículo ! Agora a ver que dí o BNG sobre a oferta de EnMarea-Villares ? Nós queremos a Alexandra Kollontai encabezar a lista de Unidade da Esqueda Galega!

3 lóstrego

Unidade de qué? De destino no universal e esta noite ceamos con Íñigo? Gamela, imprescindibles non, grazas.

4 Gamela

Expliqueime mal (?) Cando falo de Unidade da Esquerda Galega, non falo da opción de Errejón, falo da proposta de Villares ao BNG CxG etc... Pero mentres a UPG non dea permiso para mixturar os sangues... seguimeros perdendo TODOS!

5 nostrus

Imaxino que este chaval non será do agrado do facherío nacionalista porque non comulga coas rodas de muiño como fai Pablito, que é capaz de vender a sua alma ao diaño. Ademais Iñigo é algo patriota e non esta pola labor de esnaquizar España. Ten de malo que peca de inocente e non se decata que non hai vida posible mais aló do capitalismo por moitas voltas que lle dean. Por eso a esquerda é ficticia e non funciona e a direita é demaseado cruel. O mellor un centro intelixente que sexa capaz de conducir un pais do mesmo modo que se conduce un coche, unhas veces freando e outras acelerando, virando a esuqerda e a doreita segun os acontecementos. A esquerda é frear sempre e botarlle a culpa a estrada, e a direita e acelerar constantemente inda que haxa curvas.

6 Gamela

Nostrus, a túa análise chega a un calexón sen saída: a esqueda colapsa e a dereita esnáfrase !!! Eu case estou por COLAPSAR e ir de vagariño antes que rompernos a crisma por aquilo de mellorar a conta de resultados (dalgúns) ? Saúde!

7 Toño

Alexandra a cabeza de cartel??!!! Jajajaja o que hai que leer!!! Non sabedes que a tipa chegaba tarde a todas as comisións do congreso das que formaba parte e algunha pasaba de ir pois as noites na capital son mooooi longas, hai moito cachondeo. E que digades unión da esquerda metendo a CxG e Villares ten moita coña.Nin son esquerda, nin entenden o que é a unidade se non é facer o que lles sae do pirolo. Por certo, o Bng faría ben en pactar con pacma, que sacou máis que En Marea. E a ver canto saca en Coruña e Pontevedra o baby psoe, digo, o Errejón.

8 Gamela

Igual contáronche un conto... Alexandra Si ! A min dame xente que chegue tarde e faga o choio e non os que pasan a vida nun puro tuit ! http://parte.gal/2019/02/18/o-treme... E sen dúbida o BNG só ten un problema para pactar con PACMA chámase Lores (que senon seguro que pactaba antes que con ninguén! Os votos, amigo, son o único que lles interesa!