O rural galego sumará novas 'casas niño' e todos os municipios terán un recurso de conciliación

A Xunta adxudicará en breve 15 e prepara unha nova convocatoria con outras 23; na actualidade hai 60 en funcionamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, concretou este xoves que o rural galego sumará en breve novas 'casas niño' —mediante a adxudicación da última convocatoria de 15 e o deseño dunha nova orde con outras 23— e todos os municipios pasarán a contar polo menos cun recurso de conciliación. Así o trasladou despois de que o Consello analizase a "boa acollida" da última convocatoria para a apertura de 15 novas 'casas niño' para o rural, á que se presentaron 29 solicitudes.

Casa niño Os Paxariños
Casa niño Os Paxariños | Fonte: Xunta.

En concreto, esta nova convocatoria, dotada cun crédito de 1,1 millóns, recibiu 29 solicitudes, o que duplica a oferta dispoñible.

Nas próximas semanas, os técnicos da Consellería de Política Social valorarán as 29 solicitudes recibidas e resolveranse as 15 novas 'casas niño' para que entren en funcionamento nos próximos meses.

Ademais, o Goberno galego está a preparar unha nova orde de axudas extraordinaria para que os 23 concellos que non teñen ningún recurso de conciliación poidan dispor tamén dunha 'casa niño'.

O obxectivo é que, cando finalice a lexislatura, o cento por cento dos municipios de Galicia conten cun servizo que facilite a "armonización da vida familiar, laboral e social".

Na súa intervención, Feijóo lembrou que, a día de hoxe, hai xa 60 'casas niño' en funcionamento.

En concreto, un total de 29 abriron con cargo á primeira convocatoria de axudas no ano 2016, 17 pola de 2017 e 14 máis con cargo á de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta