Proposta de En Marea para activar o mapa de transición sustentable de Galicia para afrontar o peche das Pontes

O grupo liderado por Luís Villares, considera que tanto "os gobernos galegos e centrais tentaron enganar á cidadanía" pois aseguraban que "a central podería estar en funcionamento ata 2045".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Ante o anuncio por parte de Endesa de acelerar o peche da central das Pontes, En Marea propuxo que o Goberno active o mapa de transición sustentable para Galicia, co obxectivo de afrontar as circunstancias derivadas do cesamento de actividade desta instalación a través das enerxías verdes. Segundo o portavoz de En Marea, Luís Villares, este plan convertería As Pontes nun "referente das enerxías renovables" e das novas tecnoloxías previstas no modelo da transición enerxética.

En Marea considera que "os sucesivos gobernos galegos e centrais tentaron enganar á cidadanía durante esta última década asegurando que a central podería estar en funcionamento ata 2045", cando "a lexislación da UE impídeo de maneira moi clara".

Fronte a iso, a proposta de En Marea para aplicar o mapa de transición sustentable "significaría converter á comarca das Pontes nun referente de enerxías renovables e das tecnoloxías derivadas destas enerxías". Como primeira medida, destacan, "é necesario esixir ao Goberno central a reposición inmediata dos 56 millóns de euros do Plan Miner, que o goberno de Mariano Rajoy suspendeu en 2012 e que quedaron pendentes de execución para a comarca".

En Marea considera "fundamental" que "as alternativas ao carbón non sexan improvisadas e que respondan a un plan de futuro que resulte das conclusións do mapa de transición", de maneira que "nun prazo de nove meses deberíase contar cunha versión cero deste plan".

Por outra banda, é necesario tamén, segundo as propostas de En Marea, incluír nos orzamentos de Galicia para 2020 partidas que fomenten as iniciativas empresariais e formativas relacionadas coas enerxías renovables e coas tecnoloxías presentes na transición enerxética para os concellos das Pontes e Cerceda e as súas respectivas áreas de influencia.

"De maneira inmediata hai que instar a Endesa e Naturgy a ser partícipes de iniciativas empresariais en enerxías renovables nestes concellos, tendo en conta os enormes beneficios económicos obtidos da explotación dos recursos dos seus territorios", apuntan.

O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto, Luís Villares
O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto, Luís Villares | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta