Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2024 | Actualizada ás 11:14
O plan da Xunta para o comercio para o período 2025-2030 estará listo no primeiro trimestre do ano que vén, segundo a previsión que manexa a consellería. Este luns, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse con representantes dos recintos feirais de Galicia, aos que cualificou de "auténticos referentes de dinamización das súas respectivas contornas".
Acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o encontro enmárcase no proceso de escoita aberto para a elaboración do plan estratéxico do comercio 2025-2030. Esta folla de ruta está previsto que estea lista no primeiro trimestre de 2025 e o conselleiro resaltou que busca "seguir vertebrando" as vilas e cidades a través da xeración de riqueza e emprego.
No plan, segundo a consellería, destacarán iniciativas como os novos proxectos de dinamización 'Vilas vivas', cuxo primeiro piloto efémero terá lugar en decembro en Ribadavia e que logo se irá estendendo a outras cabeceiras de comarca.
Tamén os bonos 'Activa Comercio', que se reeditarán en 2025 e a aposta pola consolidación dunha rede galega de Mercados Excelentes, por avanzar na transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e polo desenvolvemento de plans formativos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.